Trebellos

Benvidas e benvidos a Trebellos, sitio web onde o alumnado de PDC (Programa de Diversificación Curricular) do IES Primeiro de Marzo de Baiona publicamos os traballos de Enxeñería Inversa.
A enxeñería inversa ten coma obxectivo obter información dun produto co fin de determinar de que está feito, que o fai funcionar e como foi fabricado.
Nestes traballos analizamos unicamente a composición e funcionamento básico, e nalgúns casos fomos capaces de facer a reparación necesaria para que o obxecto volvese a funcionar.